Eventos
No día do Libro uns poucos alumnos/as van ler anacos de Platero y yo, xa que este ano son 100 da súa publicación.
INTERCAMBIO CULTURAL
As Pontes en Cariño
Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º e 4º ESO do IES “Moncho Valcarce” de As Pontes. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, o porto, o barco “ Apóstol San Andrés”, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto.
AS LETRAS E A MÚSICA
O ENDL e o Departamento de Música poñen música aos poemas de Díaz Castro. Esta semana animamos os recreos con estas pezas musicais. Cada día escollemos un lugar distinto do IES, hoxe tocou o corredor do 1º andar. O alumnado de 3º ESO tocou e recitou o poema “Penélope”.