Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 11, 2009
Start: 11/02/2009 08:30
End: 11/02/2009 20:00
O Departamento de Orientación organizou, para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato, unha saída didáctica a A Coruña na que se visitou a III Edición do Forum Orienta, centrado en difundir e promover os estudos superiores entre o alumnado, e a visita á  Fundación Luís Seoane na que se expón a mostra de Jean Dubuffet O idioma dos muros, unha serie fundamental de 15 litografías realizadas en 1945 polo artista francés para acompañar aos poemas de Eugène Guillevic, e outros destacados traballos do autor como a súa gran serie de litografías titulada Les Phénomènes (1957).
Venres Febreiro 27, 2009
Start: 27/02/2009 08:30
End: 27/02/2009 16:30
O Departamento de Orientación visitou, co alumnado de 4º da ESO, distintos ciclos formativos que se imparten nos institutos de Ferrol e algunhas facultades do Campus de Esteiro (Ferrol).
Luns Marzo 09, 2009
Start: 09/03/2009 10:25
End: 09/03/2009 11:15
O Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato unha charla informativa co título A ponte entre o ensino medio e a universidade de Santiago de Compostela, impartida por representantes da USC.
Mércores Marzo 11, 2009
Start: 11/03/2009 09:30
End: 11/03/2009 14:00
O alumnado de 1º e 2º da ESO participa na xornada de Deporte na Escola, que nesta ocasión se celebra en Ortigueira, baixo a supervisión do Departamento de Educación Física.
Start: 11/03/2009 11:15
End: 11/03/2009 18:00
A equipa de Normalización Lingüística organizou, para o alumnado de 3º de ESO, unha xornada de intercambio co IES A Pinguela de Monforte de Lemos na que se visitou a Granxa do Souto (Mera), San Andrés de Teixido, Cabo Ortegal e outros lugares da contorna de Cariño
Distribuir contido


by Dr. Radut