Eventos
O alumnado de 1º de Bac e 2º Bac, modalidades científico-tecnolóxica e ciencias da natureza e da saúde, realizou unha visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas de Ferrol.
Esta tarde celebramos o magosto no IES Cabo Ortegal, unha iniciativa da ENL coa colaboración do profesorado do centro.
Tamén se organizaron diferentes estacións de xogos populares que dirixirán os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato. Algúns xogos son: carreiras de sacos, o paluelo, a petanca, a corda, a goma, os zancos, a mariola, ...
O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro e do IES As Telleiras de Narón.
O Departamento de Inglés organizou a actividade We´re to help (Burlington Speech Trainer) para o alumnado da sección bilingüe de 4º da ESO B, de 4º ESO C e de 1º de BAC.
Celebración das votacións para elixir aos representantes do Profesorado (17:45-18:15), do Alumnado e do Personal non docente (18:30-18:45) do IES Cabo Ortegal no Consello Escolar.
O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 1º e 2º da Eso do noso centro e dos IES As Telleiras de Narón e o IES de Ortigueira.
Aquí podedes ver unha selección dos mellores momentos da actividade.
Celebración das votacións para elixir aos representantes dos pais/nais (17:45-18:15) do IES Cabo Ortegal no Consello Escolar.
O Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) é unha iniciativa gobernamental creada o ano 1985 destinada a coordinar e potenciar as políticas que, en materia de drogas, levan a cabo desde as distintas Administracións Públicas e entidades sociais en España. Neste PNSD colabora o Plan de Galicia sobre dogras e a Consellería de Educación.
O alumnado de 4º ESO B participa na campaña de limpeza que tódolos anos se realiza no noso centro.
O Departamento de Orientación realizou, co alumnado de educación especial, unha visita ás instalacións de ASPROMOR en Ortigueira.