Os departamentos de Educación Plástica e Música organizaron unha saída didáctica para o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC o Venres 7 de Novembro de 2008 co seguinte itinerario:
-
8:30h.: Saída do IES Cabo Ortegal hacia A Coruña onde se levará a cabo unha visita guiada a algunha empresa da zona (Coca-Cola, Inditex…). (Pendente por confirmar).
- Ao remate da visita á empresa: Tempo de descanso e xantar no Centro Comercial Dolce Vita, que se inaugurará o Venres, 17 de Outubro.
- 15:30-17:00h.: Visita á unha exposición sobre Arte e xogos africanos no MACUF.
- 18:30-20:30h. aprox.: Asistencia ao musical Jesucristo Superstar no Teatro Colón.