Eventos
O Departamento de Bioloxía levou ao alumnado de 1º de ESO á "Exposición itinerante sobre cetáceos marinos" que se atopa nun veleiro restaurado situado no porto de Cariño.
O Departamento de Bioloxía levou ao alumnado de 4º de ESO á "Exposición itinerante sobre cetáceos marinos" que se atopa nun veleiro restaurado situado no porto de Cariño.
Os departamentos de Educación Plástica e Música organizaron unha saída didáctica para o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC o Venres 7 de Novembro de 2008 co seguinte itinerario:
- 8:30h.: Saída do IES Cabo Ortegal hacia A Coruña onde se levará a cabo unha visita guiada a algunha empresa da zona (Coca-Cola, Inditex…). (Pendente por confirmar).
- Ao remate da visita á empresa: Tempo de descanso e xantar no Centro Comercial Dolce Vita, que se inaugurará o Venres, 17 de Outubro.
- 15:30-17:00h.: Visita á unha exposición sobre Arte e xogos africanos no MACUF.
- 18:30-20:30h. aprox.: Asistencia ao musical Jesucristo Superstar no Teatro Colón.
O alumnado de 1º de Bac e 2º Bac, modalidades científico-tecnolóxica e ciencias da natureza e da saúde, realizou unha visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas de Ferrol.
Esta tarde celebramos o magosto no IES Cabo Ortegal, unha iniciativa da ENL coa colaboración do profesorado do centro.
Tamén se organizaron diferentes estacións de xogos populares que dirixirán os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato. Algúns xogos son: carreiras de sacos, o paluelo, a petanca, a corda, a goma, os zancos, a mariola, ...
O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro e do IES As Telleiras de Narón.
O Departamento de Inglés organizou a actividade We´re to help (Burlington Speech Trainer) para o alumnado da sección bilingüe de 4º da ESO B, de 4º ESO C e de 1º de BAC.
Celebración das votacións para elixir aos representantes do Profesorado (17:45-18:15), do Alumnado e do Personal non docente (18:30-18:45) do IES Cabo Ortegal no Consello Escolar.
O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 1º e 2º da Eso do noso centro e dos IES As Telleiras de Narón e o IES de Ortigueira.
Aquí podedes ver unha selección dos mellores momentos da actividade.
Celebración das votacións para elixir aos representantes dos pais/nais (17:45-18:15) do IES Cabo Ortegal no Consello Escolar.