TECNÓLOG@S POR UN DÍA
O programa Tecnólog@ por un día ofrece a oportunidade a alumnado galego de visitar instalacións de empresas relacionadas co sector TIC de Galicia para que poidan experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais deste campo. |
O pasado 3 de Decembro Carlos M. e Valeria, alumnos de 1º de Bacharelato do IES de Brión, pasamos un día nas instalacións de Televés Corporation e coñecimos unha empresa multinacional moderna e automatizada que produce desde cero todo o produto e subproduto co que traballa. Na primeira metade do día visitamos Gsertel, que é unha empresa pertencente ao grupo Televés que monta, revisa e programa unha ampla variedade de produtos cos cales miden, analizan e diagnostican sinais de radio e televisión de forma portátil. Nas súas instalacións visitamos as diferentes estancias nas que Gsertel leva a cabo o seu cometido dentro do grupo Televés. Posteriormente unímonos a alumnos de outros centros na fábrica de Televés na que se leva a cabo a elaboración da totalidade dos produtos comercializados pola multinacional. Alí puidemos observar a fabricación de forma parcialmente automatizada de todos os compoñentes cos que conta o produto final. |
Ambos animaríamos a todo o que tivera a oportunidade de presentarse a algún programa deste tipo xa que é unha experiencia inesquecible que persoalmente recomendamos e se tiveramos oportunidade repetiriamos.
Valeria Torres Lago Carlos M. Domínguez Carballo, 1º Bacharelato A