Menú de lecturas

header

A biblioteca escolar do centro convídate cada semana a un xantar lector onde os libros son o menú. Unha carta composta por dous suculentos pratos e una sobremesa a escoller, chea de lecturas, música e películas que forman parte da nosa particular despensa.

Dispoñible na cafetería do centro e na propia biblioteca, o noso menú especial anímate a achegarte á sala e degustar unha selección de sabores que semanalmente preparamos para ti . A que esperas para coñecelos? Fai a túa reserva o antes posible. Boa lectura!

Menú de lecturas semanais: do día 8 ao 12 de maio de 2017