Taboleiro de secretaría
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24
TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023-2024 ESTÁ ADMITIDO
Prazo de matrícula para o curso 2023-2024: do 26 de xuño ao 7 de xullo.
O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ALUMNADO DE NOVO INGRESO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS
Do 1 ao 20 de marzo: presentación solicitude de admisión. A solicitude será única e poderase presentar:
- preferentemente de forma electrónica.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- ou de forma presencial no centro educativo: a) cubrir a solicitude na aplicación, descargargala e presentala de xeito manual asinada no centro ou b) cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro.
LIGAZÓN á aplicación (información e modelo solicitude admisión (ED550B)
FESTIVAL DE ENTROIDO 2023
Good Morning, benvidos e benvidas ao gran entroido, a EumeWood 2023 no noso IES Breamo, o noso espectacular centro de ensino, onde podemos encontrar personaxes tan peculiares como vós e coma nós. Así comezaba o espectáculo o pasado venres 17 de febreiro.
Moitísimas grazas ao Concello de Pontedeume e á ANPA APERTA pola súa colaboración.
ASISTENCIA AO TEATRO - 1º ESO
O venres 10 de febreiro o alumnado de 1º de ESO asistiu á representación Tambores de paz da compañía de teatro Transeduca. Desprazáronse ata A Coruña coas súas profesoras Ana Allegue, Cristina Fernández, Rosa Mourelle e Glafira Fernández-Campoamor. Ademáis de ver a obra, que logo comentaron na clase, tiveron a oportunidade de manter un diálogo cos actores aos que lles fixeron todo tipo de preguntas sobre a súa traxectoria, sobre o texto e outros aspectos da representación. Foi un xeito distinto de acercarse á literatura, ao mundo do espectáculo en directo e a certos temas que nos preocupan a todos: os conflictos, a violencia, o amor e a amizade.
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NA PRAIA DA MADALENA
Esta semana o alumnado de 3º ESO tivo varias saídas á praia da Madalena organizadas polo Dep. de Bioloxía.
Acompañados de dúas persoas do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), que promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, tiveron a oportunidade non só de recoller lixo, senón tamén de clasificalo.
Recolleron ata 72 kg de lixo!
"TSUNAMIS, TERREMOTOS E INUNDACIÓNS: A FÍSICA NO CINE DE CATÁSTROFES"
Hoxe tivemos unha nova charla dentro do programa de actividades de Divulgación da UDC.
A de hoxe, presentada por Manuel Francisco Herrador Barrios, "Tsunamis, terremotos e inundacións: a Física no cine de catástrofes", foi dirigida ao alumnado de 4° de ESO.
Interesante, divulgativa e moi entretida.
VISITA DO ALUMNADO DE 2º BAC A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Alumnado de 2º de bacharelato que cursa de historia da arte e análise musical se desprazan a Santiago de Compostela para visitar a exposición “Camiños Creativos” (na Cidade da Cultura), asisten ao concerto "Xogo de espellos" (unha proposta de música electrónica coa orquestra Real Filharmónica de Galicia) e para rematar fixan a súa mirada no Pórtico da Gloria.
A SOCIEDADE CAMBIA E NÓS CON ELA
Neste segundo encontro da escola de pais e nais do IES Breamo, o psicólogo Ricardo Fandiño fálanos de como se modificaron as problemáticas máis relevantes na adolescencia ao longo dos anos; poñendo, neste momento, o acento na saúde mental e emocional.
Desde o seu punto de vista profesional, sitúanos na mente dos nosos fillos e fillas para poder acompañalos neste camiño dunha forma exitosa.
VISITA AO IES BREAMO DE PROFESORADO ERASMUS DE FRANCIA
O xoves 19 de xaneiro tivemos a sorte de contar con cinco profesores Erasmus de Francia no IES Breamo, que estiveron no noso centro co fin de observar en primeira persoa como se traballa a competencia emocional e a inclusión nas aulas, en que medida está presente a tecnoloxía no proceso de ensino-aprendizaxe e como implementamos o respecto polo medio ambiente e a ecoloxía no día a día.
A visita quedou inmortalizada coa gravación na radio escolar do centro dun podcast de despedida.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »