XOGOS COOPERATIVOS, TEATRO E APÚNTATE A NON BEBER
Este luns, o alumnado de 3ºESO e 1ºESO realizou xogos cooperativos dentro do marco do programa titor-axudante, unha iniciativa que pretende fomentar a comunicación do alumnado novo co resto, así como a súa integración no centro.
Dúas compañías teatrais de 2ºESO competiron en clase de Lingua facendo diferentes representacións a partir dun mesmo texto: A condena, que é un fragmento de Bala perdida. Esta competición acabou sendo un traballo colaborativo, que tanto o resto do alumnado como os pais e nais que puideron achegarse, tivemos a sorte de desfrutar.
Ademais, o alumnado de 2ºESO “apuntouse a non beber” mediante unhas charlas de concienciación sobre o consumo de bebidas alcohólicas, incluídas no programa Plan proxecta que se está a desenvolver no centro.