O IES BREAMO SÚMASE AO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "CLUB DE CIENCIA"
O IES Breamo é admitido para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia”.
Cunha metodoloxía baseada na indagación e a aprendizaxe colaborativa traballarase co fin de mellorar as competencias dixitais e científico tecnolóxicas do alumnado. O proxecto para este curso 2023-24 dará oportunidade ao alumnado de resolver curiosidades e dar resposta a problemas relacionados coa creación de APPs (información turística de Pontedeume para persoas con discapacidade visual), creación dunha canle científica no centro (CienciaBreamoTV), deseño de itinerarios acuáticos e programas de actividades de educación ambiental en colaboración co Club Náutico Firrete (ecosistema fluvial e do litoral mariño )...