FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023
(Orde do 29 de abril de 2022 - DOG nº 95 do 18 de maio de 2022)
RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2021-2022
O alumnado deberá entregar a totalidade dos libros de texto prestados para o curso 2021-2022 o día 22 de xuño.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023
Do 19 de maio ao 22 de xuño. Só o alumnado repetidor de 4º ESO terá 1 mes desde a formalización da súa matrícula.
Forma de presentación
- Presencial: será unha única solicitude por familia se os fillos/as estudan no mesmo centro e se a solicitude se presenta en formato papel de forma presencial (poderase recoller o formulario na Secretaría do centro ou accedendo á aplicación Fondolibros).
- Electrónica (preferiblemente): cubrirase a solicitude na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e enviarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste caso realizarase unha solicitude por cada fillo/a aínda que estuden no mesmo centro.
Documentación a achegar
Tanto a situación familiar como económica terá como data de referencia o 31 de decembro de 2020. Xunto coa solicitude, deberase achegar a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros da unidade familiar)
- Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, ademáis a sentenza xudicial ou convenio regulador.
- En casos excepcionais para acreditar o número de membros poderase achegar un certificado de convivencia.
- Resolución administrativa ou xudicial de acollemento, no caso de alumnado tutelado ou con garda legal.
En caso de opoñerse á comprobación de datos, deberán achegar:
- DNI da persoa solicitante
- Declaración do IRPF exercicio 2020
- Certificado do grao de discapacidade ou resolución de incapacidade total, absoluta ou gran invalidez.
CáLculo da renda per cápita da unidade familiar
Será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 (suma dos recadros 435 e 460) entre o número de membros computables, (computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente, ou a equivalente de clases pasivas)
Importe das axudas
|
Renda per cápita familiar |
Calquera renda per cápita |
|||||
|
< = 6.000 € |
> 6.000 e <= 10.000 € |
<= 6.000 € |
En garda ou tutela da Xunta |
Discapacidade >= 65% |
||
|
Libros de texto |
Material |
Libros de texto |
Material |
Libros de Texto |
Material |
|
1º e 2º EP |
210 € |
140 € |
50 € |
210 € |
50 € |
275 € |
50 € |
3º, 4º, 5º e 6ª EP ou ESO |
Fondo: 6 Libros |
Fondo: 4 Libros |
Fondo: 6 Libros |
Fondo: 6 libros ou 275 € |
|||
Alumnado con NEAE-EP |
210 € |
140 € |
210 € |
|
|
||
Alumnado con NEAE - ESO |
240 € |
160 € |
240 € |
|
|