Eleccións ao Consello Escolar do Centro. Nais que se presentan como candidatas
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de pais, nais e titores legais do alumnado no consello escolar, a xunta electoral deste instituto fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección.
Son os seguintes:
- Adriana Marcela Cantillo Vallarino. (Enlace de información)
- María Rial Barreiro.
Segundo o establecido na normativa vixente corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/ nai dun total de tres que conforman o consello escolar.
Un dos representantes no consello escolar corresponde a ANPA.
O que se fai público para xeral coñecemento.