Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

Mellor puntuado
03_casa_de_pondal.jpg
03. CASA DE EDUARDO PONDAL836 vistasEu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
33333
(12 votos)
Muiñeira,_de_Dionisio_Fierros.jpg
A Muiñeira. Dionisio Fierros501 vistasGravado de Mariano Ovejero a partir dunha pintura de Dionisio Fierros.

Aparecido en La ilustración Gallega y Asturiana, tomo I, nº XX, 20 de xullo de 1879.
33333
(11 votos)
51_alexandra_murguia_de_castro.jpg
51. Alexandra Murguía de Castro700 vistasAlexandra, a primoxénita de Rosalía e Murguía, naceu en Santiago o 12 de maio de 1859. Aos nove anos nace a súa irmá Aura e terá dezaseis anos cando comecen a nacer os seus cinco irmáns restantes. Era a principal confidente de Rosalía e, á morte desta, en 1885, con vinte e seis anos de idade, decide suspender o seu matrimonio co santiagués Xoaquín Arias Sanjurjo e pasa converterse na segunda nai dos seus irmáns.

Debuxaba e pintaba extraordinariamento e foi fundamental na educación artística do seu irmán Ovidio.

Perfeccionou os seus coñecementos sobre pintura nas aulas da Sociedad Económica de Amigos del País compostelá, institución na que tamén estudara Rosalía de Castro na súa adolescencia.
33333
(10 votos)
24_Queixumes.jpg
24. QUEIXUMES DOS PINOS PUBLÍCASE EN 1886722 vistasEn 1886 publica Queixumes dos pinos, que vai supor a súa consagración definitiva.

Desde a aparición da súa grande obra, débese salientar que xamais volverá a utilizar o español como lingua de creación (coa excepción dun poema asinado con pseudónimo, Himno al besugo).

Ademais é o único escritor decimonónico do que se conserva correspondencia privada en galego e que mantivo a súa fidelidade lingüística no campo da creación literaria.

A língua tiveran
por língua de escravos;
esqueceran os pátrios acentos,
suidosos e brandos.
Dos própios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras
de servos e ilotas.
Deixaran os doces
acentos xocundos
por estrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.
A nai afrixida
da escura miséria,
os própios tomara
por xente estranxeira;
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.
33333
(9 votos)
Fonte_de_Santa_Catalina,_na_Coruña.jpg
Fonte de Santa Catalina na Coruña395 vistas33333
(7 votos)
Coruña_marina.jpg
A Mariña da Coruña416 vistas33333
(7 votos)
cabo-viveiro.jpg
Escola de indianos de Cabo, Viveiro307 vistasCampo de Cabo, San Pantaleón de Cabanas, Ourol (Lugo). Modesta escola sostida pola sociedade “Vivero y su Comarca” formada por emigrantes residentes en La Habana.33333
(6 votos)
cee.jpg
Escola de indianos de Cee304 vistasCée (A Coruña). Colexio-Instituto de Santa María, promovido polo filántropo Fernando Blanco de Lema desde Cuba, inaugurado en 1886.33333
(6 votos)
Regueifa.jpg
Baile da Regueifa443 vistasNeste baile a moza bailaba cun bolo de pan na cabeza ao que lle chamaban regueifa. Era tradicional nas vodas.33333
(11 votos)
44_postal_reverso.jpg
44. Reverso da postal anterior1078 vistasNo dorso da postal anterior figuraba o seguinte poema escrito polo propio Curros Enríquez:

N-A TUMBA DE ROSALÍA

Collidas a pedir de porta en porta
(Que eu non herdei xardíns nin hortas teño)
¡Sombra sin paz da nosa “Musa” morta!
Aquí estas frores a traguerche veño.

I ó esparexelas sobre a pedra fría
Que un “Resurrexit” pra crebarse agarda,
Sinto cuase o tremor que sentiría
O ladrón que recea e se acobarda.

Como el, ao che deixar a miña ofrenda
A soledade en miña axuda chamo,
Que si el ten medo que a xustiza o prenda,
Temo eu que me marmuren os que amo.

Tanto do noso tempo a xente esquiva
As patrias grorias burla i escarnece:
¡Xeneración de mánceres cativa
Que hastra o pai que a enxendrara desconece.

Que hoxe é pecado relembrar fazañas
Porque impotentes pra as facer nacemos
E cecais que gabar grorias estrañas
Nos console das propias que perdemos.

O valor, o carácter, as ideas,
Fala, costumes... son “lendas douradas”
¿De que cor serán ¡ai! as alleas
Que nos fan ler a couces e pancadas?

...........................................................

Mais dorme, Rosalía, mentres tanto
Nas almas mingoa a fe i a duda medra
¡Quen sabe se deste recinto santo
Non quedará mañá pedra con pedra!

¡Quen sabe si esta tumba, nese día,
Chegará a ser, tras bélicas empresas,
Taboleiro de iankee mercería
Ou pesebre de bestas xaponesas!
33333
(10 votos)
26_rosalia_de_castro.jpg
26. Rosalía de Castro931 vistasEn 1875 Rosalía e familia abandonan a Coruña e trasládanse a Santiago de Compostela. Apenas un mes despois nace Adriano, o segundo fillo varón da parella.

Serán estes tempos difíciles para Rosalía e Murguía, marcados polas dificultades económicas, que xa non os abandonarán, e as desgrazas familiares. No ano 1876 morre accidentalmente Adriano e Rosalía vese sumida nunha profunda depresión, que se verá agudizada en 1877, ao dar a luz unha nena, Valentina, que nace morta.

A pesar de todo isto, Rosalía non era unha muller triste cos seus fillos. As súas fillas, moitos anos despois, en especial dona Gala, reiteran que súa nai era unha muller moi alegre, que lles cantaba cancións e contaba contos e ría moito con eles.
33333
(15 votos)
15_Rosalia_Santiago_1855.jpg
15. RETRATO DE ROSALÍA NOS TEMPOS DO LICEO DE LA JUVENTUD CONSERVADO ENTRE AS COUSAS DE PONDAL744 vistasPor outra parte, en Compostela vai ter oportunidade de reforzar unha formación literaria que o ha de converter no máis culto dos poetas galegos do seu tempo. A súa preocupación pola literatura non se limitaba aos autores grecolatinos (Virxilio, Tucídides, Plutarco, Homero, Safo, etc.). Tamén coñecía a Milton, Shakespeare, Heine, Dante, Ariosto, Monti, Leopardi, Chateaubriand, etc, ademais da Biblia, Ossián, Tasso e Camoes, de grande transcendencia na súa obra.

Convén suliñar que lía os clásicos na lingua orixinal (latín, grego, portugués, italiano, francés e inglés); mesmo chegou a redactar textos en italiano e a publicar un poema en francés.
33333
(9 votos)
623 ficheiros en 52 páxina(s) 9