Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - I. Idade Media
0525_A_Vila_de_Pontedeume.jpg
25. A vila de Pontedeume19 vistasxul 24, 2012
0520_San_Martiño_de_Mondoñedo_Jaume_Meneses_cc.jpg
20. San Martiño de Mondoñedo13 vistasFoto de Jaume Meneses (Creative Commons).xul 24, 2012
0521_Mondoñedo.jpg
21. Mondoñedo15 vistasA primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca traslada a Sé Episcopal de San Martiño de Mondoñedo á a actual Mondoñedo. En 1156 Afonso VII concédelle a categoría de cidade.

Fonte: Galipedia
xul 24, 2012
0522_Xurxo_Lobato__Betanzos.jpg
22. Betanzos14 vistasFoto de Xurxo Lobato.xul 24, 2012
0523_Xurxo_Lobato_Betanzos__Ríos_Mandeo_e_Mendo.jpg
23. Betanzos34 vistasFoto de Xurxo Lobato.

Na época do Imperio Romano o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade emprazábase en San Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispo Diego Xelmírez. Neste vello emprazamento Betanzos padeceu as incursións normandas ao mando de Horrich e posteriormente do propio rei Olaf en 1015. En 1219 a poboación trasladouse da súa antiga localización (San Martiño de Tiobre, coñecido como Betanzos O Vello) á súa localización actual, sobre o antigo castro de Untia, onde houbo unha encomenda templaria onde actualmente se levanta o mosteiro de San Francisco.
Betanzos xogou un papel central na Grande Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Alonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.

Fonte: Galipedia
xul 24, 2012
0517_Tui_Miño_Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez_cc.jpg
17. Tui18 vistasFoto de Luís Miguel Bugallo Sánchez (Creative Commons).

No Baixo Imperio e nos primeiros tempos medievais Tui continuou sendo un importante centro militar, administrativo e relixioso, documentándose a súa sé episcopal desde o século V. Figura como capital do reino co rei suevo Requimundo (458-463), e varias moedas da época foron cuñadas na ceca tudense.
O rei godo Vitiza tivo a comezos do século VIII a súa corte e pazo en Tui. Isto debeuse a que a corte de Toledo era perigosa para os príncipes máis novos, polo que eran enviados aquí para mantelos afastados das intrigas de pazo. No ano 711, cos árabes xa ás portas de Toledo, Vitiza asumiu o goberno da Hispania visigoda desde Tui, converténdoa en capital provisional do reino.
Pouco despois sufriu a invasión dos árabes, que asolaron a cidade. Foi liberada por Afonso I de Asturias no 739. No 850 Ordoño I mandouna repoboar, e no 915 Ordoño II restaurou a sé episcopal.
Ademais ao longo da Idade Media Tui era un importante centro comercial, cun dinámico porto fluvial. Contaba con diversos gremios e unha comunidade xudía con sinagoga. Era lugar de paso da vía portuguesa do camiño de Santiago, dispoñendo dun hospital para os peregrinos.

Fonte: Galipedia
xul 24, 2012
0515_Ribadavia_Recreación.JPG
15. Ribadavia (recreación)17 vistasCaptura do vídeo Ribadavia no ano 1677
Fonte: http://maquians.blogspot.com/2011/03/ribadavia-no-ano-1677.html

A zona xa estaba poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente de ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro.
A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade.

Fonte: Galipedia
xul 24, 2012
0516_Barrio_xudeu__Ribadavia-_Galiza-Lmbuga_(Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez)_cc.jpg
16. Barrio xudeu de Ribadavia19 vistasFoto de Luís Miguel Bugallo Sánchez (Creative Commons).

Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, adicada ao comercio e a artesanía. Ademais moitos xudeus encargábanse da xestión dos asuntos financieiros do Señorío e posteriormente do Condade de Ribadavia, especializándose na administración de bens e rendas. Tamén destacaron como mercaderes de viño.
Calcúlase que a xudaría se formou en torno aos séculos XII e XIII.
Cando os Reis Católicos promulgaron a orde de expulsión dos xudeus no 1492, moitas familias convertéronse, mantendo o culto xudeu en segredo, deica o famoso acontecemento do Malsín no ano 1606.
O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.

Fonte: http://www.ribadavia.travel/node/124
xul 24, 2012
0518_Allariz.jpg
18. Allariz14 vistasUn cabaleiro de nome Aliarico repoboouna cara ao século VI con carácter agrícola dándolle o nome deVilla Aliarici.
O seu papel propiamente histórico comeza no século XI, ao se converter no berce da monarquía galaico-leonesa. No propio século XI Afonso VI de León mandou erguer o castelo e as muralla. No século XII Afonso VII concédelle á Vila o famoso Foro que a converteu en poboación de reguengo. Todo indica que o castelo de Allariz foi sempre residencia das familias reais e lugar de educación dos príncipes e dos infantes. O período chamado "Século de Galiza", no que esta se cubriu de igrexas, mosteiros, castelos e prósperas poboacións e no que as artes e as letras chegaron a construír unha civilización propia, foi consecuencia da irradiación do poder real aquí asentado. Sendo rei Afonso X o Sabio, veu en darse á Vila un trato especialísimo, e mesmo se mantivo e reforzou a vixencia do foro de Afonso VII contra a súa propia tendencia unificadora. Porén, non puido conter a revolta da Vila de Allariz en favor do infante Don Sancho quen a nomeou “Chave do Reino de Galicia”, ao mesmo tempo que en extramuros medraba unha importante colonia xudía. A finais do XIV agudizouse a oposición entre o poder real que representaba a Vila e o episcopal do veciño Ourense. En 1446 Xoán II cedeu a Vila e a súa xurisdición ao Conde de Benavente que a desexaba para as súas aspiracións de dominar toda Galicia. En 1471 os Irmandiños sitiaron o Castelo. Este famoso cerco durou 9 meses. No mesmo século XV tivo lugar a fundación do Hospital.

Fonte: Galipedia
xul 24, 2012
0519_Allariz5.jpg
19. Allariz13 vistasxul 24, 2012
0511_aigues-mortes-aerial.jpg
11. Aigas Mortas11 vistasxul 24, 2012
0510_Aigues_Mortes.jpg
10. Aigas Mortas8 vistasAigas Mortas é o topónimo occitano da cidade coñecida en francés como Aigües-Mortes. Está situada na rexión francesa Languedoc-Rosellón. xul 24, 2012
356 ficheiros en 30 páxina(s) 20