Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - I. Idade Media
1004_FrescoSCBandeAdrián_Estévez.jpg
04. Pantocrátor23 vistasFresco de Santa Comba de Bande.
Foto de Adrián Estévez.
xul 26, 2012
1005_San_Clemente_de_Taull.JPG
05. Pantocrátor de San Clemente de Taüll22 vistasDetalle de pintura mural; 1123.
Ábside da igrexa de Sant Climent, Taüll (Lleida).
Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona).

Cristo preséntase maxestuosamente (Maiestas Domini) para xulgar os seres humanos e dar fe da grandeza divina. A súa imaxe desmesuradamente grande é símbolo do absoluto, de aquilo que contén en si o principio e a fin, o alfa e o omega.
xul 26, 2012
0620_Libro_da_Cidade_das_Mulleres_1405.jpg
20. Libro da cidade das mulleres. 14059 vistasIlustración do libro de Cristina de Pizán.xul 26, 2012
0621_Christine_de_Pisan_and_her_son.jpg
21. Cristina de Pizán e o seu fillo (1410-11)8 vistasCristina de Pizán foi a primeira muller que conseguiu vivir da escrita e que afirmou a súa identidade como autora cunha actitude reflexiva sobre o seu oficio e sobre os límites impostos ao seu sexo.
“Que non se me acuse de senrazón, arrogancia ou presunción por ousar, eu, muller, opoñerme a un autor tan sutil, nin de reducir o eloxio debido á súa obra, mentres que el, soamente home, ousou difamar e acusar sen excepción a todo o sexo feminino” (carta dirixida ao preboste de Lille)
xul 26, 2012
0622_Isabeau_de_Baviere3.jpg
22. Cristina de Pisán presenta o seu libro ante Isabel de Baviera (1413)10 vistasxul 26, 2012
0615_Roswita_de_Gandersheim_lendo.jpg
15. Roswita de Gandersheim lendo9 vistasRoswitha lendo as súas comedias ás monxas de Gandersheim.
Fonte: Germania : dos mil años de historia alemana / por Juan Scherr. - Barcelona : Montaner y Simón, 1882.
xul 26, 2012
0616_Hildegarda_Liber_Scivias.jpg
16. Hildegarda (1098-1179)9 vistasIlustración procedente do Liber Scivias (Miniatur aus dem Rupertsberger Codex des Liber Scivias).

Freira da orde beneditina, abadesa desde 1136, é coñecida como a primeira representante do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía.
xul 26, 2012
0617_Hildegarda.jpg
17. Hildegarda8 vistasxul 26, 2012
0618_Hildegarda.jpg
18. Hildegarda10 vistasxul 26, 2012
0619_A_cidade_das_mulleres.jpg
19. Miniatura do Libro da cidade das mulleres. 14056 vistasAtópase na Biblioteca Nacional de París.

O libro de Cristina de Pizán, Libro da cidade das mullerese, é unha relación das fazañas heroicas das mulleres.
xul 26, 2012
0609_BañosPublicosS_XV_p.jpg
09. Baños públicos8 vistasIlustración do século XV.
Consérvase na Biblioteca Universitaria de Gotinga

Paralelamente á exaltación do matrimonio e do amor cortés iniciarase unha persecución das prostitutas.
Máis tarde desenvólvese unha visión da prostitución como servizo social
“A muller pública é na sociedade o que a sentina no mar e a cloaca no pazo. Quita esa cloaca e todo o pazo quedará infectado” Glosa posta á marxe dun texto de san Agustín no século XIII.

Fonte: Adeline Rucquoi, La mujer medieval, Cuadernos de historia 16, 1985
xul 26, 2012
0611_bruxeria.jpg
11. Queimando unha muller por bruxa10 vistasUnha muller podía ser acusada de bruxería por razóns sorprendentes, como ser vella, vivir soa sen depender de varón, posuír algún animal doméstico ou ter algunha marca corporal.
E ser unha muller sanadora, unha curandeira, era unha condición suficiente moitas veces para ser considerada bruxa, e, polo tanto, ser acusada, detida, torturada e queimada viva. Consideraban que os seus coñecementos e habilidades eran proba do seu pacto co demo.
xul 26, 2012
356 ficheiros en 30 páxina(s) 18