Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - I. Idade Media
2016_MaiorExtensiónSuevos.png
16. Reino suevo15 vistasxul 26, 2012
2017_Reis_de_Galiza2.jpg
17. Reis de Galiza12 vistasxul 26, 2012
2018_Afonso_II_O_Casto_Santiago.jpg
18. Afonso II O Casto13 vistasNo seu tempo produciuse o suposto descubrimento do sartego de Santiago.
Poder compartido pola Coroa establecida en Oviedo e a Igrexa en torno a Compostela.
xul 26, 2012
2009_Reino_de_Galicia_Suevos.png
09. Reino de Galiza durante a dinastía sueva24 vistasHermerico conseguiu independizarse de Roma setenta anos antes da caída do Imperio Romano.
409-438: Hermerico reina en Suevia, o primeiro reino peninsular e o primeiro estado medieval.
438-448: abdica Hermerico no seu fillo Requila.

Fonte: Galipedia
xul 26, 2012
2010_Paulo_Orosio_miniatura_do_códice_Saint-Epure.jpg
10. Paulo Orosio19 vistasMiniatura do códice Saint-Epure.

“Cando chegaron os bárbaros mudaron a espada polo arado” segundo as palabras de Paulo Orosio (383-420), coetáneo de Hermerico, recollidas na Historia Sueborum por Santo Isidoro de Sevilla, o primeiro historiador non romano. Isto indica que o que foi chamado arado romano en realidade era un arado suevo.

Fonte: Xoán Bernárdez Vilar
xul 26, 2012
2011_Rechiarius.jpg
11. Rechiarius13 vistasRechiario forma parte da primeira xeración de suevos nacidos en Galicia. Sucede no trono ao seu pai Requila e queda con toda a Gallaecia, que se estendía ata Euskadi.
Xa era católico cando accedeu ao trono e no 449 decretou a conversión oficial do reino, de xeito que Galicia foi tamén o primeiro reino católico de Europa occidental.
A consolidación institucional maniféstase na acuñación de moeda propia, tamén por primeira vez en Europa, coa lenda IUSSU RECHIARI REGES (= por orde do rei Requiario), na que o seu nome substituía ao do emperador romano.

Fonte: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
xul 26, 2012
2012_ImperioRomanoAD451.jpg
12. Imperio Romano no 451 d. C.12 vistasxul 26, 2012
2013_rei_Ariamiro_ou_Teodomiro_cos_bispos_Lucrecio,_André_e_Martiño_559-561.jpg
13. Rei Ariamiro ou Teodomiro cos bispos Lucrecio, André e Martiño (559-561)10 vistasDecidiu a completa conversión de todo o reino ao catolicismo coa axuda do bispo Martiño e mellorou a administración territorial dividindo todo o reino en dióceses e parroquias-comarcas, case como chegaron ata os nosos días, como recolle o Parrochiale Suevum.
Fundáronse mosteiros por todas partes.
Convocou o I Concilio Bracarense.

Fonte: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
xul 26, 2012
2006_Mapa_dos_reinos_de_Afonso_VI_e_Urraca_copia.png
06. Mapa dos reinos de Afonso VI e Urraca34 vistas“É un mapa político que amosa ata onde chegou o Reino de Galicia”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
xul 26, 2012
2007_Foro_partido_por_ABC_e_moeda_de_traslatio_copia.jpg
07. Foro partido por ABC e moeda de traslatio26 vistasFalan do agromar que experimentan as sociedades europeas en xeral e a galega en particular entre os séculos XI e XIII. Os dous elementos son sintomáticos do desenvolvemento agrícola e mais o comercio. “En Galicia a agricultura vese favorecida co contrato de foro, que garante a posesión prolongada da terra. As moedas son expresión do dinamismo do comercio. Esta moeda de Fernando II ten a imaxe do traslado do apóstolo, e é moi interesante porque está acuñada na ceca compostelá. Aquí facíase moeda e iso tamén fala do poder daquel reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
xul 26, 2012
2008_Tombo_A.png
08. Tombo A18 vistas“É un documento excepcional, mandouno facer o arcebispo Xelmírez, e recolle as doazóns e os privilexios que lle fixeron á igrexa compostelá os devanceiros de Afonso VII. Realmente é unha operación de mercadotecnia para estimular a xenerosidade deste rei. As doazóns non están ordeadas cronoloxicamente, senón segundo a relación que o doante ten con Afonso VII. Faise arredor do 1129 e amosa o equilibro institucional do reino. O feito de que estea elaborado na igrexa e dirixido ao rei permite ver a estreita alianza entre a igrexa compostelá e a realeza co trono en León, amosa a bicefalia do reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
xul 26, 2012
2001_ImperioRomano-453.gif
01. Imperio Romano cara ao 45351 vistasxul 26, 2012
356 ficheiros en 30 páxina(s) 12