Últimas subidas - I. Idade Media
|
36. Afonso VI O Bravo (1040-1109)29 vistasReina en Galicia e León desde 1072.
Toledo pasou ao seu dominio no ano 1085, o que implicaba unha ampliación importante do reino, que desde agora ía sendo menos galego.
O seu idioma era o galego. Así se demostra na crónica que narra como recibiu Afonso VI en Toledo a triste nova da morte do seu fillo, o infante Sancho, na batalla de Uclés (1108):
(...)Los que escaparon desta rota fueron a llevar las tristes nuevas al Rey don Alonso, que estava en Toledo; fuele dolorosa y amarga, porque no tenia otro hijo, lloróle como un David a Absalon; y en la lengua que se usaba dixo con dolor, y lagrimas que quebrava el coraçon: Ay meu fillo, Ay meu fillo, alegria de mi coraçon, et lume dos meos ollos, solaz de miña vellez; Ay meu espello, en q me soya ver, et con quen tomava moy gran prazer. Ay meu herdero mayor; Estas palabras dizen que dezia el Rey, y otras tales diria, que la causa del dolor era grande (...)
Estoria de España ou Primera Crónica General é unha tradución da crónica De Rebus Hispaniae de Rodrigo Jiménez de Rada.xul 26, 2012
|
|
37. Raimundo de Borgoña24 vistasFoto realizada por Froaringus.
Raimundo de Borgoña, magnate borgoñón, casou con Urraca, filla de Afonso VI, e foi nomeado Conde de Galicia e gobernou o Reino de Galicia por doazón feudal do rei Afonso VI en 1087. Afonso pretendía controlar así a oposición dos galegos polo apresamento do seu irmán García, en concreto, a rebelión do conde de Lugo, Rodrigo Ovéquiz, e do bispo de Compostela Diego Páez.
Fonte: Galipediaxul 26, 2012
|
|
38. A raíña Tareixa coa súa irmá Urraca18 vistasEn 1090 Alfonso VI divide Galicia entre as súas dúas fillas: o norte (Galicia actual) para Urraca e o sur para Tereixa (Portugal).
Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.htmlxul 26, 2012
|
|
39. Raíña Urraca (1081-1126)21 vistasIlustración do Tumbo A.
Viúva de Raimundo de Borgoña, á morte de Afonso, é nomeada raíña de León, gobernando Galicia, León e Castela, e convertíndose na 1ª raíña na historia da península. O arcebispo Diego Xelmírez acada gran poder no Reino de Galicia. Hai cartas de Urraca onde se autotitulaba “totius Gallecia domina” e “totius Gallecia imperatrix”. O seu marido Raimundo de Borgoña tamén se titulaba emperador de Galicia.
Casou en segundas nupcias co rei de Aragón, Afonso o Batallador, con gran disgusto da nobreza (Conde de Traba) e da igrexa (Xelmírez), que erguerán rei de Galicia ao seu fillo en 1110.
Fontes: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
xul 26, 2012
|
|
40. Afonso VII (1105-1157)23 vistasAfonso Reimúndez, o Emperador, é coñecido como Afonso VII de León. Fillo de Urraca e do conde Reimundo de Borgoña, foi criado polo conde de Traba, Pedro Froilaz.
Foi coroado rei de Galicia na catedral de Santiago en 1111 e 15 anos despois é tamén rei de León e Castela.
Xelmírez continúa detentando gran poder en Galicia e en 1115 constrúe a primera Armada da historia da península para defender a Galicia dos ataques normandos.
Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
En 1139 fórmase o reino de Portugal, ao independizarse a Galicia sur (o Condado de Portucale e Coimbra). Posteriormente Portugal vaise expandindo cara ao sur. O Reino de Galicia quédase co territorio que ocupa na actualidade (e O Bierzo).
En 1159 nos anais de Cambrai falan de tres imperios (ao referirse á época de Afonso VII): o bizantino, el germánico e o de Galicia.
Tiña previsto enterrarse na catedral de Compostela, pero acabou na de Toledo. En cambio a súa muller Berenguela, está no Panteón Real da catedral de Santiago.
Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.htmlxul 26, 2012
|
|
31. Ágata, filla de Guillerme de Aquitania, prometida de Afonso , rei de Galicia 18 vistasUnha das fillas de Guillerme de Aquitania, Ágata, morreu solteira, pero estaba prometida con Afonso, rei de Galicia.
Fonte da foto: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermo
Fonte orixinal do documento: http://books.google.es/books?id=Cq8KAAAAYAAJ&lpg=PR34&ots=fhG1nCXiAF&dq=galician+horse+william+the+conqueror&hl=es&pg=PR34&redir_esc=y#v=onepage&q&f=falsexul 26, 2012
|
|
32. Cabalo de Guillerme de Aquitania18 vistasO cabalo negro que o Rei García lle regalou a Guillerme de Aquitania aparece no Tapiz de Bayeux.
«[...] Antes da batalla de Hastings, un cabaleiro normando, Walter Giffart, señor de Longueville, “peregrinou” a Compostela. E póñoo entre aspas porque os historiadores ingleses coinciden en que Giffart chegou coa peregrinación como escusa, e que en realidade o cabaleiro veu a Compostela con motivos máis políticos que relixiosos, vinculados a esa alianza atlántica entre dous territorios emerxentes no cambio de milenio. Proba diso é que retornou a Normandía desde Compostela cun valiosísimo, magnífico cabalo negro para Guillerme, “o agasallo dun rei que tiña unha gran amizade co duque”. Era Afonso, rei de Galicia. Non sabemos a raza, pero esas miniaturas revelan o seu porte maxestuoso: o cabalo dun conquistador. Debeu chegar polo roteiro máis rápido, cruzando o mar rapidamente ata Normandía [...]»
Fonte: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/10/o-cabalo-negro-de-guillermoxul 26, 2012
|
|
33. Panteón dos Reis de San Isidoro de León27 vistasxul 26, 2012
|
|
34. Panteón dos Reis de San Isidoro de León14 vistasxul 26, 2012
|
|
35. Mapa dos reinos de Afonso VI e Urraca24 vistasxul 26, 2012
|
|
29. O suroeste de Europa nos tempos de Don García15 vistasxul 26, 2012
|
|
30. Rei García14 vistasGravado de Luís Seone.
García II é máis coñecido como Don García. Herda do seu pai Fernando I o reino cristián peninsular máis extenso e máis poboado, a pesar de ser o fillo máis novo. Os emires de Sevilla e Badaxoz rendíanlle os seus tributos.
Chocou cos poderosos condes portugueses, aos que venceu na batalla de Pedroso (1071), pero interveu o seu irmán Sancho, que venceu a Don García na batalla de Santarem e apresouno e mandouno logo para Sevilla.
Cando Sancho morreu dun lanzazo polas costas, en 1072, García apresurouse a volver, pero é traizoado polo seu irmán Afonso VI de León e é encadeado ata a súa morte no castelo de Luna, perto de León. O seu apresamento é realizado por Ruy Díaz de Vivar, o Cid.
O galego é o idioma do rei.
Repousa no Panteón dos Reis de San Isidoro de León, construído pola iniciativa dos seus pais. Quixo ser enterrado coas cadeas que soportara durante dezaoito anos.
Fontes: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
http://historiagalicia.blogspot.com/2007/01/historia-de-galicia.html
xul 26, 2012
|
|
356 ficheiros en 30 páxina(s) |
|
|
|
|
|
10 | |
|
|
|
|