Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía de Rosalía
35_rosalia_e_familia_1884.jpg
35. Rosalía e familia en 1884914 vistasO matrimonio cos seus fillos e un canciño no medio.

Alexandra tiña xa 24 anos; Aura, 15 anos; Gala e Ovidio, 13, e Amara só 10. Murguía nesa época non estaba case nunca na casa por causas laborais. Esta foto foi feita un ano antes de morrer, ano de publicación de A las Orillas del Sar.

Na Matanza Ovidio comezará a debuxar, súa nai e Alexandra serán as súas mestras no manexo do lapis e a acuarela.

En 1883, Manuel Murguía acompañado pola súa filla Alexandra, que por esta época rexeita unha praza como restauradora do Museo Nacional de Arte Moderno para non contrariar o pai, pasan boa parte do ano en Madrid.


xun 05, 2008
36_ROSALIA.JPG
36. Un dos últimos retratos de Rosalía de Castro861 vistasRosalía morre dun cancro de útero en 1885 acompañada polos seus fillos e en ausencia de Murguía.xun 05, 2008
27_Follas_Novas.jpg
27. Follas Novas publícase en 1880894 vistas1880 é o ano de publicación de Follas Novas.

Adica este libro “ós señores da Xunta Directiva e mais individuos que compoñen a Sociedade de Beneficiencia dos Naturales de Galicia na Habana”
xun 05, 2008
28_editorial_follas_novas.jpg
28. La Propaganda Literaria edita Follas Novas848 vistasFollas Novas publícase na Habana.

O peso dos emigrantes galegos en Cuba proporcionará un forte apoio ás iniciativas dos rexionalistas e dos autores do Rexurdimento.

xun 05, 2008
29_retrato_rosalia_brocos_1880.jpg
29. Retrato de Rosalía feito por Brocos849 vistasxun 05, 2008
30_casa_da_matanza.jpg
30. Casa da Matanza en Padrón877 vistas1881: A finais deste ano instálase definitivamente en Padrón, nunha casa humilde que Murguía aluga para a familia. Murguía e Rosalía que viviron en tantas casas, nunca tiveron ningunha en propiedade.

Aquí adicarase ao coidado dos fillos e da horta e escribirá A las orillas del Sar.

xun 05, 2008
20_ventura_ruiz_aguilera.jpg
20. Ventura Ruíz Aguilera976 vistasRosalía adícalle a el o poema “A gaita gallega” como resposta a outro que Ventura Ruíz Aguilera escribira co título “La gaita gallega” en 1860.

As denuncias de abandono por parte do goberno español e do problema da emigración chegan ao momento máis combativo na cuarta parte do mesmo. “Pobre Galicia, non debes / chamarte nunca española, / qu'España de ti s'olvida / cando eres, ¡ai! tan hermosa.”

Estamos ante un deses exemplos de poema de riguroso contido sociopolítico moi afastado da imaxe pusilánime e chorona que se nos quixo dar da autora.
xun 05, 2008
23_rosalia_1865_1875.jpg
23. Rosalía de Castro910 vistasA vida de Rosalía nestes anos estará marcada pola itinerancia laboral de Murguía.

En 1865 publica no Almanaque de Galicia de Lugo “Las literatas. Carta a Eduarda” artigo no que fala da condición feminina.
1866: Ruínas (novela)
1867: El caballero de las botas azules (novela)
1868: nace Aura, a súa segunda filla en Santiago.
En 1869 e 1870 viven en Simancas onde escribe parte de Follas Novas.
Logo en Madrid , na Coruña, en Lestrove...
xun 05, 2008
25_casa_rosalia_coruna.JPG
25. Casa de Rosalía na Coruña905 vistasDesde o ano 1870, no que é cesado como arquiveiro en Simancas, Murguía é Xefe do Arquivo Xeral do Reino de Galicia na Coruña. Rosalía desde este momento non voltará a saír de Galicia.

A familia reside no segundo piso da casa nº 3 da rúa do Príncipe.

Son tempos de tranquilidade e de certo desafogo económico que durarán até o ano 1875, no que Murguía perde o emprego.
xun 05, 2008
14_pazo_Torres_da_Hermida.jpg
14. Pazo das Torres da Hermida en Lestrove900 vistasA casa de Lestrove foi sempre moi querida para Rosalía. É a casa dos Hermida de Castro. Alí pasara alegres tempadas durante a infancia e a adolescencia e nela, e no cariño dos seus parentes refuxiárase no 1862 trala morte da súa nai.

En 1871: En Lestrove nacen os seus fillos xemelgos Gala e Ovidio.

A Lestrove volverá frecuentemente, sobre todo nos momentos difíciles da súa vida.
xun 05, 2008
26_rosalia_de_castro.jpg
26. Rosalía de Castro930 vistasEn 1875 Rosalía e familia abandonan a Coruña e trasládanse a Santiago de Compostela. Apenas un mes despois nace Adriano, o segundo fillo varón da parella.

Serán estes tempos difíciles para Rosalía e Murguía, marcados polas dificultades económicas, que xa non os abandonarán, e as desgrazas familiares. No ano 1876 morre accidentalmente Adriano e Rosalía vese sumida nunha profunda depresión, que se verá agudizada en 1877, ao dar a luz unha nena, Valentina, que nace morta.

A pesar de todo isto, Rosalía non era unha muller triste cos seus fillos. As súas fillas, moitos anos despois, en especial dona Gala, reiteran que súa nai era unha muller moi alegre, que lles cantaba cancións e contaba contos e ría moito con eles.
xun 05, 2008
10_rosalia_21_anos.JPG
10. Rosalía aos 21 anos casa con Murguía1075 vistasPouco despois do seu matrimonio, en 1859 publicou en Vigo a novela La hija del mar.

A falta de recursos económicos, a minguada saúde de Rosalía e os continuos traslados polo traballo de Murguía encherán de dificultades o seu matrimonio.

Pronto terán a súa primeira filla, Alexandra, que nace en maio de 1859 nunha fonda de Santiago. Pasarán oito anos até que teña máis fillos.

No século XIX as mulleres casadas non tiñan os mesmos dereitos:

"Como escribe Sonia González García, "la incapacidad civil de la mujer española fue una realidad en el siglo XIX, solo las mujeres solas, solteras o viudas contaban con casi los mismos derechos que los hombres". Rosalía estaba casada, no era viuda, por eso él administraba sus bienes y era él quien debía representarla en todos los asuntos extradomésticos. Controlaba su poca vida pública. Además tuvo siete hijos, cinco sobrevivientes; produce tantos hijos como obras literarias. Como se ha notado, todas las obras de Rosalía fueron publicadas por los contactos de Murguía. Murguía le ayudó muchísimo, pero cabe preguntarse si hubiera tenido más vida pública si hubiera sido viuda." (Catherine Davies 2014)
xun 05, 2008
73 ficheiros en 7 páxina(s) 5