Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía de Rosalía
68_murguia_chisteira.jpg
68. Manuel Murguía o día que fixo 89 anos540 vistasRosalía recibiu o apoio de Manuel Murguía, pero tamén se viu condicionada por el, que administrou a súa actividade creadora en vida e tamén despois de morta durante décadas.

Murguía apuntalará a idealización de Rosalía, a súa imaxe mítica como nai da patria, a poeta mártir das letras galegas. (Alonso Nogueira 1999)

"El foi o editor, crítico, biógrafo e primeiro apóstolo do rosalianismo, e coa súa defensa teimuda da valía da obra da súa muller fixo o deseño xeométrico da estrada pola que as xeracións futuras debiamos circular." (María Xesús Lama 2017)
xun 05, 2008
56_ovidio_murguia_1888.jpg
56. Ovidio Murguía en 1888646 vistasO primeiro fillo varón de Rosalía e Murguía herdou da súa nai unha forte sensibilidade artística, pois, segundo os seus biógrafos, Rosalía era afeccionada ao debuxo e á pintura. Ademais medrou vendo os magníficos debuxos da súa irmá Alexandra.

Ovidio empezará a debuxar na casa da matanza. A súa nai e a súa irmá serán as que o inicien no manexo do lapis e a acuarela.

En 1887 Ovidio matricúlase na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, centro no que recibirá o primeiro e único ensino regrado. Terá como profesor o valenciano José María Fenollera, home compremetido co Movimento Rexionalista, que “instrúe a Ovidio Murguía no realismo naturalista, que fronte ao romanticismo pretende reflectir a “Verdade” directa da natureza, da vida e dos homes” (Mª Ángeles Tilve Jar)
xun 05, 2008
57_ovidio_1896.jpg
57. Ovidio Murguía en 1896588 vistasEntre os anos 1894 e 1897 vivirá na Coruña e comezará a facerse coñecido e a interesarlle á burguesía coruñesa a súa obra.

As súas paisaxes (recreacións da paisaxe rural e do mar de Galicia) "sintetizan a factura realista cun subxectivo lirismo impregnado de melancolía" (Mª Ángeles Tilve Jar).
xun 05, 2008
58_ovidio_murguia_1898.jpg
58. Ovidio Murguía en 1898594 vistasEntre 1897 e 1899 Ovidio viviu en Madrid tratando de buscar o seu espazo no mundo da arte.

O seu pai tentaba dirixir os seus pasos por correspondencia e Ovidio non soportaba os seus continuos intentos de controlar a súa vida e a súa pintura, polo que optaba por non comentarlle detalles do seu traballo e mesmo ás veces non lle respondía as cartas

En Madrid, Ovidio namorouse dunha rapaza que traballaba como modelo, pero a rapaza non era do agrado dun seu curmán, que puxo en antecedentes á familia. Cando Ovidio enfermou de tuberculose e regresou á casa paterna na Coruña, a moza escríbíalle constantemente, pero as irmáns del, condicionadas polos informes do seu curmán, interceptaban a correspondencia, o que colmaba a desesperación do enfermo que se cría esquecido pola súa amada. Iso foi algo do que se arrepentiron as irmáns o resto da vida, pois Ovidio pasou a súa agonía chamando por ela. Sábese tamén que cando Ovidio abandonou Madrid a moza estaba embarazada de varios meses, pero descoñécese se o neno chegou a nacer. (Mª Ángeles Tilve Jar)
xun 05, 2008
59_paisaxe_1895.jpg
59. Paisaxe de Ovidio Murguía573 vistasÓleo sobre lenzo, Ca. 1895.
(17 x 27'5 cm)
Propiedade da viúva de D. Juan Naya.
xun 05, 2008
60_paisaxe_de_costa_1895.jpg
60. Paisaxe de costa de Ovidio Murguía550 vistasÓleo sobre cartón, Ca. 1895.
(17'5 x 30'5 cm)
Colección particular.
xun 05, 2008
49_estatua_de_rosalia_en_padron.jpg
49. Estatua de Rosalía de Castro en Padrón629 vistasSó hai que ler os poemas de Cantares Gallegos e os de Follas Novas para atopar unha Rosalía crítica co poder civil e eclesiástico, irónica co materialimo da Igrexa, escéptica coas falsas promesas dun progreso tecnolóxico que esquece o progreso social, defensora dos dereitos das mulleres e da dignidade da lingua galega, dos galegos e de Galicia fronte ao desprezo ao que os somete España. Unha Rosalía, en fin, que lle dá voz aos que non teñen voz, ademais de tocar as cordas dos nosos corazóns coas súas reflexións sobre a propia existencia humana, sobre a soedade intrínseca que nos acompaña desde o momento do noso nacemento e que lle valeu o mérito de ser a autora máis universal e tamén a máis traducida das nosas letras.
xun 05, 2008
51_alexandra_murguia_de_castro.jpg
51. Alexandra Murguía de Castro698 vistasAlexandra, a primoxénita de Rosalía e Murguía, naceu en Santiago o 12 de maio de 1859. Aos nove anos nace a súa irmá Aura e terá dezaseis anos cando comecen a nacer os seus cinco irmáns restantes. Era a principal confidente de Rosalía e, á morte desta, en 1885, con vinte e seis anos de idade, decide suspender o seu matrimonio co santiagués Xoaquín Arias Sanjurjo e pasa converterse na segunda nai dos seus irmáns.

Debuxaba e pintaba extraordinariamento e foi fundamental na educación artística do seu irmán Ovidio.

Perfeccionou os seus coñecementos sobre pintura nas aulas da Sociedad Económica de Amigos del País compostelá, institución na que tamén estudara Rosalía de Castro na súa adolescencia.
xun 05, 2008
52_ilustracion_alejandra.jpg
52. Ilustración de Alexandra para "A Ilustración Gallega y Asturiana" DE 1879609 vistasAlexandra de Murguía e Castro tamén foi unha estreita colaboradora do seu pai, pois mentres el escribía, ela facía os debuxos para ilustrar as súas obras.

Aprendera a debuxar en Santiago, e o seu talento e bo facer levárona a colaborar con vinte anos como debuxante nalgún número da “La Ilustración Gallega y Asturiana” asinando como M. A. Mesmo lle ofreceron un posto de restauradora no Museo Nacional de Arte Contemporáneo, pero non o aceptou, para non contrariar ao seu pai, e permaneceu colaborando con el e coidándoo até que morreu en 1923.

Alexandra morreu no ano 1937 con setenta e oito anos.
xun 05, 2008
53_debuxo_filla.jpg
53. Rosalía debuxada pola súa filla Alexandra637 vistas"¡Diga que no era triste mi madre! Nada de eso. Muy alegre, siempre estaba de broma, y tenía verdadero ingenio para decir ocurrencias. No; no era triste. ¿Que le diré yo como era? Planchaba, cosía, atendía a la cocina... Destruya usted ese tópico de la tristeza, nacido al leer algunas composiciones patéticas de mi madre."

Palabras de Alexandra Murguía de Castro nunha entrevista que relembra o xornalista Victoriano Fernández Asís en 1959.
xun 05, 2008
54_gala_e_aura.JPG
54. As súas fillas Gala e Aura667 vistasAura foi a segunda filla de Rosalía, naceu en Santiago, o 7 de decembro de 1868, casou por poder antes de cumprir os vinte anos con Francisco Prats, experto numismático e director do Diario de Albacete, de onde el era orixinario; e aínda que o matrimonio tivo dous xemelgos que ilusionaron o avó, os únicos netos coñecidos de Murguía, estes morreron con poucos meses de vida.

Gala e o seu xemelgo Ovidio foron os seguintes en nacer, o dous de xullo de 1871 en Lestrove. Gala casou aos cincuenta anos, un ano antes da morte de Manuel Murguía, e non tivo descendencia.
xun 05, 2008
44_postal_reverso.jpg
44. Reverso da postal anterior1077 vistasNo dorso da postal anterior figuraba o seguinte poema escrito polo propio Curros Enríquez:

N-A TUMBA DE ROSALÍA

Collidas a pedir de porta en porta
(Que eu non herdei xardíns nin hortas teño)
¡Sombra sin paz da nosa “Musa” morta!
Aquí estas frores a traguerche veño.

I ó esparexelas sobre a pedra fría
Que un “Resurrexit” pra crebarse agarda,
Sinto cuase o tremor que sentiría
O ladrón que recea e se acobarda.

Como el, ao che deixar a miña ofrenda
A soledade en miña axuda chamo,
Que si el ten medo que a xustiza o prenda,
Temo eu que me marmuren os que amo.

Tanto do noso tempo a xente esquiva
As patrias grorias burla i escarnece:
¡Xeneración de mánceres cativa
Que hastra o pai que a enxendrara desconece.

Que hoxe é pecado relembrar fazañas
Porque impotentes pra as facer nacemos
E cecais que gabar grorias estrañas
Nos console das propias que perdemos.

O valor, o carácter, as ideas,
Fala, costumes... son “lendas douradas”
¿De que cor serán ¡ai! as alleas
Que nos fan ler a couces e pancadas?

...........................................................

Mais dorme, Rosalía, mentres tanto
Nas almas mingoa a fe i a duda medra
¡Quen sabe se deste recinto santo
Non quedará mañá pedra con pedra!

¡Quen sabe si esta tumba, nese día,
Chegará a ser, tras bélicas empresas,
Taboleiro de iankee mercería
Ou pesebre de bestas xaponesas!
xun 05, 2008
73 ficheiros en 7 páxina(s) 3