Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


3001_sepulcro.jpg
01. Descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago21 vistasLámina do Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.

O Camiño de Santiago foi creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo Santiago, no lugar do Libredón, no ano 813, durante o reinado de Afonso II.
Segundo o Códice Calixtino, os discípulos de Santiago, Teodoro e Atanasio, trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón, no que foi soterrado.
3002_Sancti_Iacobi_EnriqueÍñiguezRodríguez.png
02. Sancti Iacobi13 vistasO lugar foi esquecido até que, no século X, o monxe Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Oviedo, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos eran os do apóstolo. A primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela. A construción da catedral tivo lugar tres séculos máis tarde, entre os anos 1075 e 1122.
3003_Codex_Calixtinus.jpg
03. Codex Calixtinus10 vistasCódice Calixtino, escrito en 1139, nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez, é coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou Códice Calixtino.
Presentábase como da autoría do Papa Calisto II e era unha guía para os peregrinos que facían o camino a Santiago e tamén recollía os miragres do Apóstolo.
O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase actualmente en Barcelona.
3004_Santiago_a_cabalo_TumboB_1326.jpg
04. Santiago a cabalo11 vistasMiniatura pertencente ao Tumbo B da Catedral de Santiago de Compostela. 1326
Tinta sobre pergameo.

Santiago o Maior, irmá de San Xoán o Evanxelista. A crenza popular sitúao na Galaecia evanxelizando. Até que se traslada a Palestina, onde foi decapitado por Herodes Agripa no ano 43 ou 44.
Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa: uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca de pedra que chegou soa ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla, e amarrada nun Pedrón (de aí Padrón). Dende alí, disque foron levados ata o monte Libredón (actual Santiago de Compostela) atravesando os hostís dominios da raiña Lupa. Repousan na actualidade no interior da Catedral.
Chegou a ser símbolo guerreiro da loita contra o Islám (Santiago Matamouros ).
3005_carteCheminSJacques.jpg
05. Camiño de Santiago11 vistasNo século X comezou a desenvolverse o camiño francés, coa chegada de peregrinos de Tours, Limoges e Le Puy.
A comezos do século XI, Sancho III O Maior fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pireneos e Náxera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana.
3006_caminho_santiago.JPG
06. Camiño de Santiago10 vistas
3007_Camiño_Francés_.jpg
07. Camiño Francés9 vistas
3008_Ways_of_St__James_in_Europe_Manfred_Zentgraf,_Volkach,_Germany.png
08. Camiños de Santiago en Europa9 vistas
3009_Camiño_Santiago_p.jpg
09. Camiño de Santiago12 vistasConvertida no terceiro centro de peregrinación da Cristiandade —só despois de Xerusalén e Roma—, foi a partir do século XI e principalmente XII, cando desde numerosos puntos de Europa comecen a chegar peregrinos, ben desde Occitania, Francia, Navarra ou Aragón-Cataluña vía terrestre, ben desde as Illas Británicas, Escandinavia, ou Alemaña vía marítima.
3010_cportugues.jpg
10. Camiño Portugués11 vistas
3011_O_Cebreiro_.jpg
11. O Cebreiro11 vistas
3012_Diego_Xelmírez.jpg
12. Diego Xelmírez13 vistasO fenómeno xacobeo, foi decisivo na conformación cultural-económica do reino de Galicia, debedor en gran medida ao auxe conseguido durante a titularidade de Diego Xelmírez (1100-1136) convertíndo a Compostela en sé metropolitana (ano 1122), a máis importante dignidade de todo Occidente despois de Roma.
20 ficheiros en 2 páxina(s) 1