Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


2037_Raimundo_de_Borgonha_Froaringus.JPG
37. Raimundo de Borgoña24 vistasFoto realizada por Froaringus.

Raimundo de Borgoña, magnate borgoñón, casou con Urraca, filla de Afonso VI, e foi nomeado Conde de Galicia e gobernou o Reino de Galicia por doazón feudal do rei Afonso VI en 1087. Afonso pretendía controlar así a oposición dos galegos polo apresamento do seu irmán García, en concreto, a rebelión do conde de Lugo, Rodrigo Ovéquiz, e do bispo de Compostela Diego Páez.

Fonte: Galipedia
2038_A_raíña_Tareixa_coa_súa_irmá_Urraca_1080-1130.jpg
38. A raíña Tareixa coa súa irmá Urraca18 vistasEn 1090 Alfonso VI divide Galicia entre as súas dúas fillas: o norte (Galicia actual) para Urraca e o sur para Tereixa (Portugal).

Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
2039_UrracaRegina_TumboA_1081-1126.jpg
39. Raíña Urraca (1081-1126)21 vistasIlustración do Tumbo A.

Viúva de Raimundo de Borgoña, á morte de Afonso, é nomeada raíña de León, gobernando Galicia, León e Castela, e convertíndose na 1ª raíña na historia da península. O arcebispo Diego Xelmírez acada gran poder no Reino de Galicia. Hai cartas de Urraca onde se autotitulaba “totius Gallecia domina” e “totius Gallecia imperatrix”. O seu marido Raimundo de Borgoña tamén se titulaba emperador de Galicia.
Casou en segundas nupcias co rei de Aragón, Afonso o Batallador, con gran disgusto da nobreza (Conde de Traba) e da igrexa (Xelmírez), que erguerán rei de Galicia ao seu fillo en 1110.

Fontes: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
2040_AfonsoVII_1107-1157_TumboA.jpg
40. Afonso VII (1105-1157)23 vistasAfonso Reimúndez, o Emperador, é coñecido como Afonso VII de León. Fillo de Urraca e do conde Reimundo de Borgoña, foi criado polo conde de Traba, Pedro Froilaz.
Foi coroado rei de Galicia na catedral de Santiago en 1111 e 15 anos despois é tamén rei de León e Castela.
Xelmírez continúa detentando gran poder en Galicia e en 1115 constrúe a primera Armada da historia da península para defender a Galicia dos ataques normandos.
Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
En 1139 fórmase o reino de Portugal, ao independizarse a Galicia sur (o Condado de Portucale e Coimbra). Posteriormente Portugal vaise expandindo cara ao sur. O Reino de Galicia quédase co territorio que ocupa na actualidade (e O Bierzo).
En 1159 nos anais de Cambrai falan de tres imperios (ao referirse á época de Afonso VII): o bizantino, el germánico e o de Galicia.
Tiña previsto enterrarse na catedral de Compostela, pero acabou na de Toledo. En cambio a súa muller Berenguela, está no Panteón Real da catedral de Santiago.

Fonte: http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
2041_Pedro_Froilaz_Conde_de_Traba_1075__1128_Educador_de_Afonso_VII.jpg
41. Pedro Froilaz, Conde de Traba (1075-1128)20 vistasEducador de Afonso VII.

Conde de Traba. (1075-1128). Extenso territorio entre Noia e Ortigueira. Encomendóuselle a educación do futuro rei Afonso VII e foi colaborador de Xelmírez.

Fonte: Galipedia
2042_Tumba_de_Pedro_Froilaz,_Conde_de_Traba_(Catedral_Santiago).jpg
42. Pedro Froilaz, Conde de Traba18 vistasTumba do Conde de Traba no Panteón dos Reis da Catedral de Santiago de Compostela.
2043_Pedro_Froiz_Froaringus.JPG
43. Pedro Froilaz, Conde de Traba14 vistasFoto realizada por Froaringus.
2044_Berenguela_Muller_de_Afonso_VIIIdeGZ.jpg
44. Berenguela, muller de Afonso VIII18 vistas
2045_Fernando_II_segundo_unha_miniatura_do_Tumbo_A_da_Catedral_de_S_de_C_1137-1188jpg.jpg
45. Fernando II20 vistasMiniatura do Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.
Fernando II reinou entre os anos 1157 e 1188.
É rei de Galicia e León.
Durante o seu reinado vívese un gran esplendor cultural e constrúese o Pórtico da Gloria.
Na lírica provenzal faise mención a este rei como “seignor del galecs”.
Foi enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago.

Fontes: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
http://historiagalicia.blogspot.com.es/2007/01/historia-de-galicia.html
2046_Fernando2.jpg
46. Fernando II15 vistas
2047_Moeda_de_traslatio.jpg
47. Moeda de traslatio14 vistasMoeda de Fernando II coa imaxe do traslado do apóstolo, acuñada na ceca compostelá.
“Aquí facíase moeda e iso tamén fala do poder daquel reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia, Terceira Persoa
2048_Lauda_de_FernandoII_Froaringus.JPG
48. Lauda de Fernando II15 vistasFoto de Froaringus.
54 ficheiros en 5 páxina(s) 4