O home é sobre todas as cousas o templo de Deus. De aí que, cando os homes do Románico tiveron que levantar os templos de Deus na terra, o fixeran a semellanza do corpo humano. O presbiterio, onde se encontra o altar, equivalería á cabeza, o cruceiro aos brazos e mans e o resto sería o que quedaba do corpo. E así se recollía na Guía do Peregrino de Santiago de Compostela, c. 1140. Polo tanto os templos son microcosmos, imaxes da orde universal, do macrocosmos.
Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990