Antolín Faraldo foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX.
Participou na chamada Revolución de 1846, para a cal redacta o 15 de abril de 1846 a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia, da que era secretario.
Fracasado o intento de revolución o 26 de abril, vese obrigado a exiliarse en Portugal.
Foi considerado por Murguía o primeiro dos precursores do Rexurdimento literario.