Nestes anos da derradeira década do século XIX e a primeira do XX, toda a súa actividade literaria móvese arredor da Cova Céltica. Un faladoiro que mantiña un grupo de intelectuais galeguistas na libraría Rexional da Coruña, onde Pondal exercía como o Poeta, o Bardo, perante a numerosa concorrencia que a frecuentaba.
A maioría das críticas contemporáneas da poesía pondaliana son positivas, pois en xeral limítanse a seguir os xuízos de Emilia Pardo Bazán, que o tiña en alta estima.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 1.7 / 5 con 6 votos)