Pondal fai unha vida recluída na cidade herculina desde 1908.
En 1916 xa está cego e, paralelamente ao proceso de deterioro físico, consúmase a súa ruptura coa realidade: a súa loucura empúxao a ditar obsesivamente fragmentos dos Eoas e doutros poemas por medo a que llos rouben. Esa idea obsesionouno desde moi cedo, pero agora chega ao medo paranoico de que lle rouben os seus versos os seus propios amigos.
(17/2/1916)
Na miña cámara entraran
con sixilosa perfidia,
seus alentos contenendo
por temor de que os sentiran.
Os feitos eran da patria,
que nobre respeto inspiran;
as glorias eran da patria,
a que un amor grande obliga;
os cantos eran da patria,
entusiasmo os escribira...:
e procurando suplantar meu nome,
de oprobio e de baldón o seu cubriran.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 1.2 / 5 con 5 votos)