Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

17. Tui
Foto de Luís Miguel Bugallo Sánchez (Creative Commons).

No Baixo Imperio e nos primeiros tempos medievais Tui continuou sendo un importante centro militar, administrativo e relixioso, documentándose a súa sé episcopal desde o século V. Figura como capital do reino co rei suevo Requimundo (458-463), e varias moedas da época foron cuñadas na ceca tudense. 
O rei godo Vitiza tivo a comezos do século VIII a súa corte e pazo en Tui. Isto debeuse a que a corte de Toledo era perigosa para os príncipes máis novos, polo que eran enviados aquí para mantelos afastados das intrigas de pazo. No ano 711, cos árabes xa ás portas de Toledo, Vitiza asumiu o goberno da Hispania visigoda desde Tui, converténdoa en capital provisional do reino.
Pouco despois sufriu a invasión dos árabes, que asolaron a cidade. Foi liberada por Afonso I de Asturias no 739. No 850 Ordoño I mandouna repoboar, e no 915 Ordoño II restaurou a sé episcopal.
Ademais ao longo da Idade Media Tui era un importante centro comercial, cun dinámico porto fluvial. Contaba con diversos gremios e unha comunidade xudía con sinagoga. Era lugar de paso da vía portuguesa do camiño de Santiago, dispoñendo dun hospital para os peregrinos. 

Fonte: Galipedia

0202_catedral_de_Tui.JPG 0304_Chambre_du_cerf_1.jpg 0516_Barrio_xudeu__Ribadavia-_Galiza-Lmbuga_(Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez)_cc.jpg 0606_VodaCortesá-f_sécXV.JPG 1032_Bestiario_de_Anne_Walshe__Yale__Iale_en_latín__1400_25.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)