Captura do vídeo Ribadavia no ano 1677
Fonte: http://maquians.blogspot.com/2011/03/ribadavia-no-ano-1677.html
A zona xa estaba poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente de ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro.
A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade.