O lugar foi esquecido até que, no século X, o monxe Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Oviedo, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos eran os do apóstolo. A primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela. A construción da catedral tivo lugar tres séculos máis tarde, entre os anos 1075 e 1122.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 0 / 5 con 1 votos)