Conserva restos da cultura castrexa: o castro de Pradela, o castriño da Cerca e o Outeiro da Torre.
Pola zona pasaba a Vía Nova, calzada romana que unía Braga e Astorga, vía XVIII do Itinerario de Antonino.
Trala chegada dos suevos no século V difundiuse o cristianismo por estas terras (a ribeira do Sil énchese de eremitas cristiáns que colonizan os escarpados canóns do Sil. No ano 573 créase o mosteiro de San Pedro de Rocas).
A primeira referencia escrita co nome actual da poboación data da Idade Media (século IX). Tense constancia da construción de dous mosteiros, o mosteiro de San Xoán de Camba (fundado no 963 por un bispo ourensán, aínda que nas ruínas hai sarcófagos datados no século VII) e o mosteiro de San Paio de Abeleda (1127).