44. Inscrición fundacional do Hospital da orde de San Xoán de Portomarín (1521)
A inscrición fundacional está feita en galego.
A Orde dos Cabaleiros Hospitalarios. Militarizouse en 1136.
Atopábanse establecidos en Ribadavia dende finais do século XII, coa súa igrexa e hospital anexos.
Os cabaleiros da orde estableceran un hospital para atender os numerosos peregrinos que naqueles tempos se dirixían a visitar o sepulcro do Apóstolo Santiago, os que ademais debían defender e amparar nas súas viaxes.
Como orde militar, estes relixiosos unían á vida monástica a militar. Eran, pois, monxes guerreiros que esgrimían as armas en defensa da fe e dos peregrinos.