Os Cabaleiros Templarios, aqueles monxes guerreiros da Orde do Temple, fundada en Xerusalén no 1119, aqueles que foron os organizadores e arietes das cruzadas na Terra Santa, que ocuparon as ruínas do Templo de Salomón (o Centro Sagrado do Universo, onde comparten tradicións comúns as diferentes relixión do mundo mediterraneo; Cristiá, xudeo, musulmana) e fixeron da mezquita de Al-Aqsa a súa base de operacións militares, foron a orde militar-relixiosa máis poderosa do seu tempo, mentres lles durou a protección papal.