Obsérvese o cabalo sen protección ningunha; a alta sela para sosterse na batalla; o helmo, para protexer a cabeza e o rostro; o escudo, en forma de cometa, embrazado por correas; diversas empuñaduras de espada e a cota de malla, que cobre o brazo e chega aos xeonllos, abríndose por debaixo do van para permitir a montadura.