Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

01. Casa na que naceu Rosalía en Santiago
O 23 de febreiro de 1837, dona Tareixa de Castro, fidalga de escasos bens, de 33 anos, solteira, deu a luz unha nena á que lle puxeron María Rosalía Rita. O pai, natural de Ortoño, tiña 39 anos e era crego da parroquia de Iria. 

O día seguinte do nacemento, a criada de Tareixa, María Francisca Martínez, levou a bautizar a nena na capela do Hospital Real, onde foi inscrita como filla de pais descoñecidos, pero a madriña voltou coa nena para a casa onde se estaba repoñendo do parto a nai. Levárona para bautizar ao que nese tempo era orfanato porque era o único sitio onde se podía obter unha partida de bautismo coa seguridade de que se respectaría o segredo sobre a orixe familiar da criatura.

Pouco despois levaríana á aldea de Ortoño para ser aleitada.

Tareixa de Castro asumiu publicamente a súa maternidade, presentándoa como filla propia desde pequena e a nena integrouse na familia materna mantendo unha relación moi estreita cos seus tíos e curmáns. Por outra banda, está documentado que tamén tivo trato co pai, Xosé Martínez Vioxo, e coa familia do mesmo.

Fíxose moito fincapé en que os pais de Rosalía non a recoñeceron de pequena, pero como se pode ver iso non foi exactamente así. O que facía especial este caso era que o pai era cura e a Igrexa non podía admitir iso oficialmente.

09_la-flor_1857.jpg 00-Rosalia.jpg 01_casa_onde_naceu_1837.JPG 18_campanariodebastavales.jpg 19_bastavales.JPG
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.4 / 5 con 33 votos)