Vive unha temporada en Carballo (1890-92) e especúlase con posibles relacións de carácter sentimental cun final pouco grato, mesmo coa posibilidade de que deixase descendencia en Bergantiños.
O TESTAMENTO DO BARDO (1890)
Sepultade piadosos
o bardo dos gaélicos destinos,
baixo os dereitos troncos rumorosos
de esvelto grupo de soantes pinos,
nos eidos saüdosos
que habitaron os celtas brigantinos.
Que diga o camiñante
que alí dirixe os pasos pelegrinos:
"Este cantou con voz harmonïosa
de Breogán a raza xenerosa".
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.6 / 5 con 11 votos)