En 1886 publica Queixumes dos pinos, que vai supor a súa consagración definitiva.
Desde a aparición da súa grande obra, débese salientar que xamais volverá a utilizar o español como lingua de creación (coa excepción dun poema asinado con pseudónimo, Himno al besugo).
Ademais é o único escritor decimonónico do que se conserva correspondencia privada en galego e que mantivo a súa fidelidade lingüística no campo da creación literaria.
A língua tiveran
por língua de escravos;
esqueceran os pátrios acentos,
suidosos e brandos.
Dos própios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras
de servos e ilotas.
Deixaran os doces
acentos xocundos
por estrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.
A nai afrixida
da escura miséria,
os própios tomara
por xente estranxeira;
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.9 / 5 con 9 votos)