Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

01. CASA NATAL DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Manuel Curros Enríquez naceu en 1851 na casa número 14 da rúa de San Roque de Celanova.

Nesta casa pasou a súa infancia  nun ambiente familiar dominado pola figura autoritaria do pai. Con quince anos abandonou a casa paterna e mudouse a Madrid para estudar o Bacharelato e comezar a carreira de Dereito, que non chegou a rematar.

O seu pai, D. José María de Curros,(1800-1888) foi notario en Celanova e tivo coa nai de Curros vinte e un fillos, dos que morreron prematuramente dezanove. Tiña, segundo os que o coñeceron, un temperamento de ferro e unha gran fortaleza física. O seu carácter fero e obstinado e a súa severidade, próxima á crueldade, marcou profundamente a Manuel Curros.

00_curros-ilustracion.jpg 01_casa_curros~0.jpg 02_casa_museo~0.jpg 03_curros~0.jpg 04_virxe_do_cristal.jpg
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.4 / 5 con 20 votos)