García II é máis coñecido como Don García. Herda do seu pai Fernando I o reino cristián peninsular máis extenso e máis poboado, a pesar de ser o fillo máis novo. Os emires de Sevilla e Badaxoz rendíanlle os seus tributos.
Chocou cos poderosos condes portugueses, aos que venceu na batalla de Pedroso (1071), pero interveu o seu irmán Sancho, que venceu a Don García na batalla de Santarem e apresouno e mandouno logo para Sevilla.
Cando Sancho morreu dun lanzazo polas costas, en 1072, García apresurouse a volver, pero é traizoado polo seu irmán Afonso VI de León e é encadeado ata a súa morte no castelo de Luna, perto de León. O seu apresamento é realizado por Ruy Díaz de Vivar, o Cid.
O galego é o idioma do rei.
Repousa no Panteón dos Reis de San Isidoro de León, construído pola iniciativa dos seus pais. Quixo ser enterrado coas cadeas que soportara durante dezaoito anos.
Fontes: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
http://historiagalicia.blogspot.com/2007/01/historia-de-galicia.html