Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

23. Betanzos
Foto de Xurxo Lobato.

Na época do Imperio Romano o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade emprazábase en San Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispo Diego Xelmírez. Neste vello emprazamento Betanzos padeceu as incursións normandas ao mando de Horrich e posteriormente do propio rei Olaf en 1015. En 1219 a poboación trasladouse da súa antiga localización (San Martiño de Tiobre, coñecido como Betanzos O Vello) á súa localización actual, sobre o antigo castro de Untia, onde houbo unha encomenda templaria onde actualmente se levanta o mosteiro de San Francisco.
Betanzos xogou un papel central na Grande Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Alonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.

Fonte: Galipedia

0521_Mondoñedo.jpg 0522_Xurxo_Lobato__Betanzos.jpg 0523_Xurxo_Lobato_Betanzos__Ríos_Mandeo_e_Mendo.jpg 0524_Pontedeume.jpg 0525_A_Vila_de_Pontedeume.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)