Foto de Luís Miguel Bugallo Sánchez (Creative Commons).
Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, adicada ao comercio e a artesanía. Ademais moitos xudeus encargábanse da xestión dos asuntos financieiros do Señorío e posteriormente do Condade de Ribadavia, especializándose na administración de bens e rendas. Tamén destacaron como mercaderes de viño.
Calcúlase que a xudaría se formou en torno aos séculos XII e XIII.
Cando os Reis Católicos promulgaron a orde de expulsión dos xudeus no 1492, moitas familias convertéronse, mantendo o culto xudeu en segredo, deica o famoso acontecemento do Malsín no ano 1606.
O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.