Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

18. Allariz
Un cabaleiro de nome Aliarico repoboouna cara ao século VI con carácter agrícola dándolle o nome deVilla Aliarici.
O seu papel propiamente histórico comeza no século XI, ao se converter no berce da monarquía galaico-leonesa. No propio século XI Afonso VI de León mandou erguer o castelo e as muralla. No século XII Afonso VII concédelle á Vila o famoso Foro que a converteu en poboación de reguengo. Todo indica que o castelo de Allariz foi sempre residencia das familias reais e lugar de educación dos príncipes e dos infantes. O período chamado "Século de Galiza", no que esta se cubriu de igrexas, mosteiros, castelos e prósperas poboacións e no que as artes e as letras chegaron a construír unha civilización propia, foi consecuencia da irradiación do poder real aquí asentado. Sendo rei Afonso X o Sabio, veu en darse á Vila un trato especialísimo, e mesmo se mantivo e reforzou a vixencia do foro de Afonso VII contra a súa propia tendencia unificadora. Porén, non puido conter a revolta da  Vila de Allariz en favor do infante Don Sancho quen a nomeou “Chave do Reino de Galicia”, ao mesmo tempo que en extramuros medraba unha importante colonia xudía. A finais do XIV agudizouse a oposición entre o poder real que representaba a Vila e o episcopal do veciño Ourense. En 1446 Xoán II cedeu a Vila e a súa xurisdición ao Conde de Benavente que a desexaba para as súas aspiracións de dominar toda Galicia. En 1471 os Irmandiños sitiaron o Castelo. Este famoso cerco durou 9 meses. No mesmo século XV tivo lugar a fundación do Hospital.

Fonte: Galipedia

0516_Barrio_xudeu__Ribadavia-_Galiza-Lmbuga_(Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez)_cc.jpg 0517_Tui_Miño_Luis_Miguel_Bugallo_Sánchez_cc.jpg 0518_Allariz.jpg 0519_Allariz5.jpg 0520_San_Martiño_de_Mondoñedo_Jaume_Meneses_cc.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)