01. Descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago
Lámina do Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.
O Camiño de Santiago foi creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo Santiago, no lugar do Libredón, no ano 813, durante o reinado de Afonso II.
Segundo o Códice Calixtino, os discípulos de Santiago, Teodoro e Atanasio, trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón, no que foi soterrado.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 0 / 5 con 1 votos)