Afonso VIII é rei de León e Galicia. Coñecido como Afonso IX de León pola historiografía española para non confundilo con Alfonso VIII de Castela (1255-1214).
En 1218 crea a Universidade de Salamanca, que é gobernada desde Santiago ata o século XV. Gran número de profesores de Salamanca fórmanse na Escola de Santiago. O rei crea as primeiras cortes de Europa nas que participan estratos alleos á nobreza.
Foi enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago.