“Cando chegaron os bárbaros mudaron a espada polo arado” segundo as palabras de Paulo Orosio (383-420), coetáneo de Hermerico, recollidas na Historia Sueborum por Santo Isidoro de Sevilla, o primeiro historiador non romano. Isto indica que o que foi chamado arado romano en realidade era un arado suevo.