Rechiario forma parte da primeira xeración de suevos nacidos en Galicia. Sucede no trono ao seu pai Requila e queda con toda a Gallaecia, que se estendía ata Euskadi.
Xa era católico cando accedeu ao trono e no 449 decretou a conversión oficial do reino, de xeito que Galicia foi tamén o primeiro reino católico de Europa occidental.
A consolidación institucional maniféstase na acuñación de moeda propia, tamén por primeira vez en Europa, coa lenda IUSSU RECHIARI REGES (= por orde do rei Requiario), na que o seu nome substituía ao do emperador romano.
Fonte: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003