“É un documento excepcional, mandouno facer o arcebispo Xelmírez, e recolle as doazóns e os privilexios que lle fixeron á igrexa compostelá os devanceiros de Afonso VII. Realmente é unha operación de mercadotecnia para estimular a xenerosidade deste rei. As doazóns non están ordeadas cronoloxicamente, senón segundo a relación que o doante ten con Afonso VII. Faise arredor do 1129 e amosa o equilibro institucional do reino. O feito de que estea elaborado na igrexa e dirixido ao rei permite ver a estreita alianza entre a igrexa compostelá e a realeza co trono en León, amosa a bicefalia do reino”.
Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa