Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.
Pouco se sabe del. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñés. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o Castelo de Moeche, e despois atacou outras fortalezas en Pontedeume, Monforte de Lemos e Santiago de Compostela até a súa suposta morte no combate en Pontedeume en 1437, cando foi derrotada a irmandade.