Manuel Curros Enríquez naceu en 1851 na casa número 14 da rúa de San Roque de Celanova.
Nesta casa pasou a súa infancia nun ambiente familiar dominado pola figura autoritaria do pai. Con quince anos abandonou a casa paterna e mudouse a Madrid para estudar o Bacharelato e comezar a carreira de Dereito, que non chegou a rematar.
O seu pai, D. José María de Curros,(1800-1888) foi notario en Celanova e tivo coa nai de Curros vinte e un fillos, dos que morreron prematuramente dezanove. Tiña, segundo os que o coñeceron, un temperamento de ferro e unha gran fortaleza física. O seu carácter fero e obstinado e a súa severidade, próxima á crueldade, marcou profundamente a Manuel Curros.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.4 / 5 con 20 votos)