En Febreiro de 1903, desde A Coruña manifesta a súa "terrible" soedade. Por primeira vez hai un recoñecemento explícito da situación de crise mental que o afectaba desde había anos e mesmo chega a falar de "neurastenia". É por iso que fai sucesivos testamentos hológrafos, o último e definitivo en 1910, no que deixou os seus libros á Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago (da que era socio honorario) e os manuscritos e impresos á Real Academia Galega (da que era membro numerario).
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 1.3 / 5 con 4 votos)