15. RETRATO DE ROSALÍA NOS TEMPOS DO LICEO DE LA JUVENTUD CONSERVADO ENTRE AS COUSAS DE PONDAL
Por outra parte, en Compostela vai ter oportunidade de reforzar unha formación literaria que o ha de converter no máis culto dos poetas galegos do seu tempo. A súa preocupación pola literatura non se limitaba aos autores grecolatinos (Virxilio, Tucídides, Plutarco, Homero, Safo, etc.). Tamén coñecía a Milton, Shakespeare, Heine, Dante, Ariosto, Monti, Leopardi, Chateaubriand, etc, ademais da Biblia, Ossián, Tasso e Camoes, de grande transcendencia na súa obra.
Convén suliñar que lía os clásicos na lingua orixinal (latín, grego, portugués, italiano, francés e inglés); mesmo chegou a redactar textos en italiano e a publicar un poema en francés.
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.8 / 5 con 9 votos)