OUTROS CONCURSOS
Concurso de vídeos ENSINANDO A LINGUA 2020
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo e a ANPA A Galera, no marco do Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, cos obxectivos de incentivar a creación audiovisual e de fomentar o uso e o prestixio do galego oral por parte das/os adolescentes a través de vídeos, convocan este concurso “Ensinando a lingua”, no que podes participar ata o 12 de xuño. Descarga as bases completas AQUÍ |
LETRAS GALEGAS 2020 - Desconfinando a lingua no IES EBA
Vídeo de lemas en carteis e camisetas de alumnado e profesorado do IES EBA para contribuír ao desconfinamento progresivo da lingua galega.
Maio de 2020.
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega
|
Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos. Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen. O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio. Descarga as bases completas AQUÍ |
FINALISTAS BOOKFACES 2020
Estes son os finalistas do concurso de BOOKFACE 2020.
Algúns dos traballos clasificados non son candidatos ao premio por utilizar fotomontaxe, pero aínda así merece a pena velos.
Ao quedar deserta a categoría C, repártense os premios entre as categorías A e B, pasando a ser 3 por categoría.
Mañá anunciaremos os gañadores..
VOTACIÓN BOOKFACES 2020
Xa temos todos os bookfaces que se presentaron a concurso.
Todo o alumnado matriculado no centro pode votar o traballo que máis lle guste de cada categoría, indicando o seu número no seguinte FORMULARIO
Dende os seguintes links pódense ver os bookfaces das distintas categorías, co seu número na parte inferior.
Non se presentou ningún traballo dentro da categoría C
O prazo para votar remata o día 5 de maio.
Os 10 traballos máis votados de cada categoría pasarán á fase final.
23 de abril Día do Libro
Co gallo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, o IESEBA e a ANPA "A Galera" convocan un concurso de BOOKFACE. Pincha aquí se queres saber qué é un bookface No vídeo podes ver a proposta do profesorado. Participa ti tamén co teu bookface!!! Estas son as BASES do concurso O prazo remata o día 30 de abril ás 14:00 horas |
CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019